Valdeorras e maila provincia de Vilafranca do Bierzo (3ª parte da triloxía) – Resistencias dos pobos de Valdeorras fronte á provincia do Bierzo

Montañas del Bierzo

 

Autor: Xabier Lago Mestre

Convén agora facer unha pescuda nas oponiois dos pobos de Valdeorras ante a súa inclusión na provincia de Vilafranca do Bierzo. Así, na deputación de León se leu unha proposta do concello de Priaranza sobre a provincia berciana que dicía que «a fin de que no accedan a la solicitud de varios ayuntamientos de Galicia, que pretenden se forme una nueva provincia designando por capital a Villafranca (…)» (doc. de 25 de octubre de 1820). Logo deducimos que había pobos galegos a prol da constitución da provincia de Vilafranca.

Respecto desta postura dos habitantes de Valdeorras a favor de Vilafranca do Bierzo traemos a colación a opinión de certos cregos da meirindade de Aguiar. Éstes relixiosos fixeron un escrito colectivo demandando a agregación dos seus pobos ao concello de Vilafranca. Razonaban así os cregos contra a xustiza administrada polos seus alcaldes pedáneos, «sin conocimientos ni esperiencia que digan relación a otros objetos, que sin sugetarse a la fijación de Audiencias en la Capital, ni proporcionar medios prontos y ciertos de administrar justicia, dedicándose solamente al fomento de sus particulares intereses, abandonando las sagradas obligaciones de su Ministerio (…)» (doc. de 20 de junio de 1817, Isidro García Tato, 1996).

Segundo o historiador Jesús Burgueño Rivero (1995), os pobos da Rúa e Freixido foron favoráveis á integración na provincia berciana. Incluso estes dous solicitaron a fixación dos lindeiros da nova provincia nas pontes de Petín e Bibei (DSC, 13 de decembro de 1821). Pola  contra, os pobos galegos da antiga meirindade berciana de Aguiar, Veiga de Cascallá, Robledo, O Porto, O Real, Barrio, Castelo e Leira, manifestáronse claramente sobre a súa inclusión en Valdeorras (DSC, 13 de abril de 1821).

A capital actual de Valdeorras se manifestou contraria á inclusión na provincia de Vilafranca. Así o deputado manchego Ramón Giraldo declarou que recibíu peticiois da bisbarra do Barco, «no puedo menos de hacer presente la representación que acabo de recibir de los ayuntamientos de Valdeorras, porque me parece fundamentadísima, y no encuentro inconveniente en que se acceda a lo que solicitan dejando a esta provincia con este número menos de habitantes (…)» (DSC, 5 de outubro de 1821). Na sesión seguinte de Cortes volve a debaterse sobre a protesta do Barco de Valdeorras, «del ayuntamiento del Barco, en solicitud de que no se aprueben los límites demarcados por la comisión entre las provincias de Lugo, Orense y la nueva del Vierzo y que no se segregue la villa del Barco de la provincia de Orense».

Para rematar, un curioso razonamento dos pobos de Valdeorras sobre a necesidade de manter a súa representación territorial e política na nova provincia de Vilafranca. «Entre los fundamentos de su exposición, uno de los principales es que siendo tan corto número de los pueblos pertenecientes a Galicia que se agregan a la provincia del Vierzo, sucederá que cuando se trate de elecciones, no podrán equiligrarse los votos de modo que se reparta este honroso cargo entre los de una y otra provincia con igual esperanza de ejerecer todos los derechos de ciudadano, quedando en otro caso perjudicados los pocos pueblos que se agregan de Galicia por la mayoría tan grande de los del Vierzo (…)» (DSC, 15 de outubro de 1821). Un claro exemplo da súa defesa da conciencia colectiva galega fronte ao provincialismo bercianeiro viciño.

 

www.obierzoceibe.blogspot.com

También te podría gustar...