XV Festa da Freba en Petín

IMG-20141128-WA0007

Xa temos data e cartel anunciador da XV Festa da Freba no concello de Petín.

A cita será o vindeiro sábado día 6 de decembro a partir das 21:00h. Cita gastronómica indispensable na nosa comarca que marca o arranque da época das matanzas co cal o menú a degustar terá o porco e todo o seu arte como principal protagonistas.

Nesta ocasión o menú é ideal para quitar o frío da ambente. Comezando por un consomé quentiño, seguirán chourios cocidos, frebas á brasa, as grandes protagonistas desta festa gastronómica de Petín, e remataremos cun postre caseiro acompañado todo por un bo pan e un non mellor viño e, por suposto, de licor café.

Farase entrega a tódolos asistentes dunha cunca de barro e dunha navalla para que podan ‘defenderse’ durante á cea.

Para amenizar a festa,tras a cea poderemos disfrutar da actuación da Orquesta La Sonora Petinesa.

También te podría gustar...