VI Concurso Semente Ribeira Sacra

  • Presentación de proxectos 

 

Este sábado, 26 de setembro, preséntanse os proxectos do VI Concurso Semente Ribeira Sacra. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 16 de febreiro. E a finais dese mes de febreiro coñeciamos a selección do xurado para que desenvolvesen os proxectos para a súa presentación ante o xurado.

Isto acontecía en febreiro e pouco despois chegaba a alarma sanitaria e todas as medidas que hai que tomar para evitar a propagación da Covid19. Así, o resto do calendario do concurso viuse modificado. Nesta ocasión e atendendo á situación sanitaria que padecemos, as presentacións faranse por videochamada cos concursantes.

Cada presentación terá unha duración de 15 minutos.  Ao finalizar a presentación o xurado que terá repartida a súa participación entre presencial (nunha sala do Parador de Turismo de Monforte) e remota (mediante videoconferencia); poderá facer as preguntas que consideren sobre o proxecto. Esta quenda de preguntas terá unha duración máxima aproximada de 5 minutos. 

 

              Horarios de presentación dos proxectos  

 

10:00

SEND2ME (Buzón electrónico para entrega de paquetería)

 

10:25

RECOVERY BLOOD (Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica)

 

10:50

MONXEADO (Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra)

11:15

TIMBER SOUL INNOVATIONS (Construción con madeira local)

11:40

FUTURALGA (Fabricación de envases a partir de algas)

12:05

DESCANSO

12:30

SISTEMAS BIODIXESTIVOS PARA ZONAS RURAIS

12:55

REFIX – ATLANTIC SEA WATER (Bebidas isotónicas a partir da auga do mar)

13:20

PARQUES FOTOVOLTAICOS COMUNITARIOS

13:45

TRASDEZA NATUR (Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico)

 

14:10

APP&DOWN (Aplicación intelixente para persoas con síndrome de Down)

 

 

O fallo do xurado coñecerase na xornada do 26 pola tarde con comunicación directa aos premiados e coa publicación na web e redes sociais.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e nesta edición cóntase cos seguintes:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

Nota: Os medios de comunicación que queiran asistir á presentación dos proxectos poden facelo presencialmente na sala da primeira planta do Pazo Condal. Para gráficos preferiblemente entre as 13.30 e as 14.10 e con todas as medidas de seguridade contra a Covid19.