Terceira quenda do Campamento Deportivo de Verán de Monforte

  • Mañá luns 10 de agosto dará comezo

 

Mañá luns 10 de agosto dará comezo a terceira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello de Monforte.

Na segunda quenda do Campamento Deportivo de verán participaron un total de 47 nenos que desfrutaron dun programa lúdico e deportivo moi amplo que tamén contou cun protocolo específico de prevención do COVID-19, o que fixo que a actividade se celebrara con total seguridade e normalidade.

Mañá luns día 10 de agosto tócalle o turno ós nenos e nenas matriculados na terceira quenda do Campamento Deportivo de verán.

A través da web do Concello, pódense descargar diferentes documentos de interese para os participantes do Campamento Deportivo de Verán:

  • A composición de cada un dos grupos e a instalación asignada.
  • A programación de actividades da terceira quenda.
  • Horario do servizo de transporte.
  • Protocolo de prevención do COVID-19 establecido.
  • As normas e recomendacións de participación.

También te podría gustar...