Actuación do Mago Teto en Viana

  • O venres 14 de agosto en 2 pases con aforo limitado

 

O venres 14 de agosto ás 21:00 e ás 23:00 horas temos unha cita co «noso» Mago Teto, que trae ata Viana o seu novo espectáculo «Unha noite no Castelo«.

Un espectáculo de maxia co selo persoal do mago Teto, pero coa particularidade de que ninguén participa activamente no espectáculo, ninguén sube ao escenario, pero a maxia sucederá ás veces nas cadeiras do público e terá un gran peso a parte interactiva co público.

Neste espectáculo, o público gozará de todo tipo de efectos máxicos, desde grandes ilusións, ata maxia de primeiro plano, pasando por efectos visuais e de mentalismo.

«Unha noite non Castelo» realizarase, como non podía ser doutra forma, nos exteriores do Castelo, un entorno máxico e único no que ademais, se cumpren todas as medidas e protocolos de seguridade que actualmente se precisan.

También te podría gustar...