A Asociación Semente da Ribeira Sacra incentiva ideas fronte a Covid19

  • Desde a Ribeira Sacra incentívanse ideas fronte a Covid19
  • Traballando unidos desde a Ribeira Sacra para obter solucións innovadoras en tempos de pandemia

 

A Asociación Semente Monforte de Lemos creábase no ano 2014 cando a Lotaría do Neno caía en Monforte e un grupo de persoas e empresas quixo que ese impulso revertese na cidadanía. Así nacía o Concurso de Proxectos Empresariais que a pasada semana fallaba os premios da VI edición. Premios por valor de 20.000 para incentivar o emprendemento, apostando polo talento particular como orixe de iniciativas empresariais.

Con esta filosofía e a vontade de colaboración que está na base da asociación e do seu concurso de proxectos empresariais, a asociación non podía quedar sen facer a súa aportación nestes momentos de pandemia pola Covid19. Así convócase o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións.

Pode participar calquera persoa física ou xurídica que propoña unha idea empresarial (de carácter tecnolóxico, sanitario ou social) relacionada exclusivamente coa COVID-19. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 5 de outubro ao 5 de novembro do 2020. As persoas interesadas deberán solicitar a súa inscrición a través do sitio web: www.sementeribeirasacra.org

O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado farao público o 20 de Novembro de 2020 no sitio web www.sementeribeirasacra.org

As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas deberán entregar, entre o 22 de novembro e o 22 de decembro de 2020, o proxecto rematado, aportando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. Os/as concursantes seleccionados/as deberán confirmar a súa intención de participar na fase final, en 7 días naturais dende que lles sexa comunicada a súa selección.

También te podría gustar...