aeva_mercado_outono_2014

 

Como xa avanzamos a semana pasada, este fin de semana AEVA organiza a segunda edición da feira de oportunidades, de carácter comarcal, denominada “II Mercado de Outono – Feira das oportunidades”, que se desenvolverá acorde co seguinte programa:

Celebrarase mañán sábado día 6 e domingo día 7 de decembro de 2014, en horario de 11:00 a 21:00 h (ininterrompido). A súa ubicación é o Pavillón O Aguillón (A Rúa), sendo a inauguración do Mercado será o sábado, día 6 de decembro, ás 13:00 horas.

Para animar o espazo comercial haberá inchables para os nenos, música de gaitas , chocolatada …

Os clientes do mercado recibirán un vale desconto do 10%, que se aplicará as compras que fagan entre os días 9 de decembro de 2014 e 6 de xaneiro de 2015 no establecemento que lle entregou o vale

Participan dezaseis establecementos de comarca dos sectores téxtil, moda infantil, complementos, deporte, perfumería, bixutería, calzado, fogar,….

A entrada ao recinto será gratuíta para os visitantes.

Colaboran na organización os Concellos de O Barco y A Rúa.