Rubén Riós protagoniza as I Xornadas Escénicas de A Veiga ca proxeción de Pradolongo e Vida

  • Pola noite hai unha cita “Entre lobos e estrelas”, ruta de 35 kilómetros ata Casaio,  e o domingo a II Andaina e Carreira Popular Trevinca- A Veiga

Hoxe sábado 20 de agosto escomenzan en A Veiga as I Xornadas Escénicas, unha actividad que conta cun invitado de excepción, o actor  e director Rubén Riós. Ás 12.00 horas na Sala de Conferencias O Toural, o popular artista inaugurará as xornadas e posteriormente proxectarase a película Pradolongo.

Ás 22.00h na Praza do Toural levarase a cabo a proxección da película dirixida por Rubén Riós, Vida, que estará acompañada da presenza dos seus protagonistas Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez.

Para rematar a xornada, ás 23.30h, a agrupación valdeorresa Son do Sil deleitará a todos os asistentes cunha interpretación das súas pezas máis coñecidas. Despois, o cantautor Miguel Arias López, representante da Comarca no Luar, darase a coñecer na Veiga coas súas obras.

Xa pola noite, desenvolverase a VII edición de Entre Lobos e Estrelas, que comezará a súa andadura dende Vilanova ás doce da noite. Este ano acada a máxima dificultade cunha duración total de 35km, máis de 14 horas camiñando. As máis de 50 persoas participantes chegarán ata o pobo de Casaio (Carballeda de Valdeorras) sobre ás dúas da mañá do domingo.

O domingo 21 pola mañá, arredor de 150 deportistas, entre andaríns e corredores, participarán na II Andaina e Carreira Popular Trevinca- A Veiga. Ás 11:00h da mañá dende a praza do Concello sairán os andaríns e ás 11:30h comezará o circuíto da carreira. Esta vez disfrutando de O Coiñedo, e dos pobos de Casdenodres e Castromarigo. Rematará ás 13:30h coa entrega de trofeos.

CARTEL-1

 

A proba contará con dous percorridos, unha carreira de 8,520 kilómetros, e unha andaina de 10,400 kilómetros.

Esta cita deportiva contará coa colaboración da Agrupación de Protección Civil de A Veiga e a Asociación Cultural Cántara da Moura .

O alcalde de A Veiga, Juan Anta Rodríguez, anima a participar en este elenco de actividades que enchen de dinamismo o municipio durante este verán.

CARTEL A VEIGA

 

También te podría gustar...