Colaboración para mellorar o abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais da Veiga

  • A Xunta e o concello da Veiga colaborarán para mellorar o abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais
  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Juan Anta, asinaron hoxe un convenio de colaboración neste sentido
  • En virtude deste acordo, o departamento autonómico achegará para executar estes traballos algo máis de 81.000 euros, cofinanciados por fondos FEADER

image_gallery (1)

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello da Veiga colaborarán co fin de mellorar o abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais deste municipio.

Este compromiso vén recollido no convenio que asinaron hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde, Juan Anta, onde se establece que a Xunta achegará algo máis de 81.000 euros para acometer estes traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Máis en concreto, as obras centraranse en optimizar as instalacións dos núcleos de Vilaboa, Castromao, Castromarigo e Pradolongo, e mellorar así as condicións de vida dos veciños deste concello.

Ao remate da reunión, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos.

 

 

También te podría gustar...