Rogelio Martínez comproba o resultado das obras de mellora realizadas no CEIP Mariñamansa da cidade de Ourense

INAKI OSORIO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá o CEIP Mariñamansa da capital tras as obras de mellora realizadas pola Consellería  de Cultura e Educación neste centro educativo.

Os traballos consistiron na reparación dunha avaría eléctrica e na centralización de contadores, amais de realizarse melloras no que atinxe aos aseos de persoas con discapacidade. Estas actuacións supuxeron un investimento do departamento educativo de 14.000 euros.

Estas obras súmanse ás realizadas en anos para reformar os aseos das aulas de infantil e a pavimentación das aulas deste nivel educativo, a reposición do falso teito da zona da cociña e a limpeza da cuberta e selado da carpintería exterior do CEIP. Deste xeito o investimento total da Consellería en obras de mellora do centro desde 2009 ascende a case 60.000 euros. Ademais, este centro acaba de recibir un dos kits de aula dixital, composto de encerado dixital e proxector, que a Xunta distribuíu en centros educativos das catro provincias galegas ao abeiro do convenio trilateral asinado co Ministerio do ramo e máis coa entidade pública empresarial Red.es para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no marco do programa “Educación en Red”.

Durante o seu percorrido polo centro, o delegado territorial estivo acompañado pola xefa de estudos do CEIP, Lidia Selas; pola xefa territorial do Consellería na provincia, Mercedes Gallego; e mais por membros do equipo docente.

También te podría gustar...