ERE de extinción para todolos empregados de Cavima

Manifestación ciudadana CorunaO conflicto derivado do derrumbe da carretera de San Vicente, que derivou en problemas nas canteiras que por ela transitaban, por agora chegan a mal termo paro os traballadores xa que Cavima presentou un ERE de extinción de emprego para o total da plantilla da canteira de San Vicente en Vilamartín de Valdeorras que xa estaba en un ERE temporal.

Máis de 50 traballadores veranse afectados gravemente, xa que o peche da empresa é cuestión de rematar as negociacións entre a patronal e os traballadores.

Fan fincapé na responsabilidade total e plena da resolución da Dirección Xeral de Minas, dada a conocer en decembro na que plantexaba a reapertura dunha zoa pechando a posibilidade de traballar noutras.
‘A resolución de Minas era unha solución sobre o papel, que posta sobre o terreo fixa que se pode traballar nunha zona onde apenas queda pizarra; e iso fai totalmente inviable a empresa’, indican dende o sindicato CIG.

También te podría gustar...