• O Concello de Monforte segue a traballar en diversos programas coa finalidade de promover a inclusión social

O Concello de Monforte, a través dos departamentos de Servizos Sociais e Igualdade, segue a traballar no desenvolvemento de programas destinados a diversos colectivos, nos que prima, coma un dos obxectivos primordiais a inclusión social.

En concreto, dende o pasado mes de decembro de 2019 puxéronse en marcha dos programas, ”Inclusion social da poboación xitana” e “Autoeducarse para educar”, sobre os que se segue a traballar unha vez superado o estado de alarma por mor do Covid-19. 

Programa inclusión social do colectivo xitano

Desde os Servizos sociais comunitarios básicos municipais, púxose en marcha en decembro de 2019 un programa orientado á inclusión social da poboación xitana veciña do Concello de Monforte.

O programa inclúe actuacións de apoio á inclusión residencial, mediación social e intercultural, prestación de reforzo socioeducativo das persoas menores de etnia xitana en idade escolar obrigatoria así como apoio á inclusión básica a través do fortalecemento de capacidades persoais e sociais e formación dixital e en competencias clave.

O programa  enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e  está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021

Para máis información, todos os interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.

 

Programa Autoeducarse para educar

Desde os servizos sociais comunitarios básicos municipais púxose en marcha en decembro de 2019 un programa dirixido a familias veciñas do Concello de Monforte de Lemos que desenvolve actuacións de carácter  socioeducativo. Os seus obxectivos son os seguintes:

  • Promover procesos de cambio que favorezan un axeitado exercicio das responsabilidades familiares
  • Propiciar a mellora da autonomía e inclusión social das familias usuarias
  • Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades parentais e  educativas a través de metodoloxía de autoeducación para educar, parentalidade positiva e crianza respetuosa.
  • Prevención e atención das situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social.

O programa  enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e  está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021

Para máis información dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.