Concello de TrivesO IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives, acollerá actividades da Semana Europea da Prevención de Residuos. A cita será o vindeiro día 1 de decembro, o vindeiro luns, segun fontes consultadas da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este centro participará xunto a outros 23 nas catro provincias, mentras que haberá en outros catro concellos unha aula móbil.

Estas actividades comezaron este sábado e ao longo deste mes percorrerán diferentes puntos de Galicia, centrándose en centros educativos. Desde a  Consellería suliñan que aprovéitase para estas visitas ós centros educativos a Campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”, unha das iniciativas con maior éxito das desenvolvidas por Sogama, xa que coas accións previstas para este mes contabilízanse preto de 9.000 participantes na terceira edición deste programa.

A Semana Europea da Prevención de Residuos, que se celebra entre o 22 e o 30 de novembro, ten lugar en 28 países da Unión Europea e pretende concienciar sobre a importancia de xestionar os residuos e conseguir uns recursos sostibles.