López Abella destaca a forte aposta da Xunta para apoiar o emprendemento feminino

xunta de galiciaA secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a forte aposta do Goberno galego pola muller emprendedora e incidiu que a independencia económica das mulleres e o seu empoderamento é un requisito para alcanzar a igualdade de xénero

Susana López Abella participou hoxe na clausura das Xornadas “Talento en feminino”, onde destacou o traballo que leva a cabo dende hai xa 26 anos a Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) por todas as mulleres empresarias e emprendedoras da nosa provincia.

A titular de Igualdade destacou que a Xunta leva a cabo varias acción de apoio ao emprendemento feminino, como son o Programa Emega que ten coma obxetivo dar apoio económico ao emprendimiento femenino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

O programa Emega comprende as liñas Emprende, destinada á posta en marcha de novas empresas, a liña Innnova para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres; a liña Activa que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; e a liña Concilia que é un programa de apoio á conciliación da vida laboral; e este ano, creouse unha nova liña, A Itef, que centrase na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica.

Ademais, o terceiro obxectivo estratéxico do VI Plan galego para a Igualdade de mulleres e homes do Goberno galego, leva por título, «Aproveitamento do talento feminino» que persegue potenciar unha participación máis ampla e diversa das mulleres no desenvolvemento económico e social de Galicia, aproveitando o talento, a experiencia e a visión do seu capital humano para aumentar as bases dun tecido produtivo máis innovador e competitivo e cada vez máis internacionalizado; fomentando ao mesmo tempo unha organización empresarial máis comprometida coa igualdade de xénero.

También te podría gustar...