• Os actos escomenzan hoxe na Praza Maior hata o próximo venres, día no que actuará Uxía Blanco e o rúes Maxín Blanco co seu “Canta o Cuco”
Cartel

Cartel

O Barco celebra hoxe, con motive do Día das Letras Galegas, un recital poético e musical na Praza Maior, a partires das 20,00 horas,  que contará coa participación solidaria de persoas do teatro e a música nun acto que toma un verso do poema “O Carro” como título: “Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío”.

Recitando, tocando e cantando estarán sobre o escenario: Noemí Pinto, Sol Rodríguez, Reyes Limia, Manuel González, Lalo Santos, Manuel Caramés (Gargallada Teatro), Anxo Rei, Coral Mariñán, Mauro Docampo, Orfeón Valdeorrés, Jorge Álvarez & Armando Pérez e Saúl Rodríguez (SdeRap).

No mesmo acto será presentado o Cancioneiriño de Valdeorras de M. Outeiro Hortas (heterónimo de Manuel María) que foi reeditado para a ocasión e que será entregado como agasallo aos asistentes ao acto.

Mañá, mércores, ás 20,00 horas no Teatro Lauro Olmo estará Fantoches Bajco espectáculo teatral, poético e musical . Ignacio Vilariño e Benxa Otero achegarán ao espectador á vida e a poesía de Manuel María e á súa relación con outro grande poeta, contemporáneo e amigo seu: Uxío Novoneyra.

Ademáis, a Concellaría de Cultura e Educación de O Barco  convocou semanas atrás un concurso de videopoemas, entre alumnos de secundaria e bacharelato, baixo o título de “Un agasallo para Manuel María” e  o resultado do mesmo farase público no Teatro Lauro Olmo o día 19 ás 12h.

No vestíbulo do Teatro Lauro Olmo permanecerá exposta toda a semana a mostra As estacións de Manuel María do CEIP Condesa de Fenosa sobre a biografía e as creacións do escritor homenaxeado.

O venres día 20 de maio ás 20h no Teatro Lauro Olmo Uxía e Magín Blanco presentarán Canta o Cuco, un espectáculo para público familiar que mestura teatro e música cos poemas de Manuel María e no que participan con eles grandes artistas como Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo (músicos) e Ignacio Vilariño (manipulador de monicreques).