Festas de Verán 2014 en Quiroga

Festas de Verán 2014 Quiroga

Xa temos cartel das Festas de Verán 2014 Quiroga no cal pode ollarse a variedade de actividades que teremos para disfrutar desde o día 7 ata o 10 do vindeiro mes de agosto.

Comezarán o xoves día 7 cunha Exposición de Debuxos de Javier Soutela No mesmo día celebrarase o XXII aniversario da Banda de Gaitas ‘San Martiño’ de Quiroga, rematando a xornada con Música na rúa a cargo de Nunci Valcárcel.

Para o venres teremos de mañá unha alborada polo grupo de gaitas anteriormente dito. Xa pola tarde haberá un Torneo de Street Soccer asi coma a IX Festa da Comunidade animada polo grupo Fondo Tropical. Rematará a xornada coa Festa da Xuventude na que actuarán David Prado, Belladona Band, Makarpone e + IVA.

O sábado temos de mañá o Concerto da banda Municipal de Rábade e Begonte e xa polo xerán a presentación do Quiroga FC no trofeo Xoiería Zafiro. Concursos e obradoiros para que disfruten os máis pequenos da casa e unha Festa Popular animada pola Orquesta Fania Blanco Show, que tamén terá o protagonismo na verbena a partires da 1:30h. Tamén podremos disfrutar do concerto de música tradicional a cargo do grupo Treixadura e Orfeón.

Para o derradeiro día, o domingo día 10, pola mañá inaugurarase a XXIII Mostra do Mel de Quiroga, así como a alborada a cargo das Xuventudes Musicais de Sober. Haberá Teatro na Rúa a cargo de Títeres Viravolta,e xa polo xerán, haberá o espectáculo de animación infantil ‘Llila e Fifo’ a cargo de Troula Animación e remataremos as festas cunha Festa popular e gran verbena amenizadas polo grupo Garibaldi e a orquesta Marbella.

También te podría gustar...