Extinguidos 10 incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

Concello de Carballeda, Ayuntamiento en SobradeloA Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción de 10 incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio. Oito deses lumes superaron as 20 hectáreas, afectando unha superficie que, sumada, sitúase arredor das 200 hectáreas rasas, 80 das cales aproximadamente afectaron a Rede Natura.

Os lumes iniciáronse entre as 10:55 e as 13:30 horas de onte e foron quedando extinguidos ao longo do día de hoxe. O último foi extinguido ás 18:46. Nos traballos de extinción destes incendios participaron en total 2 técnicos, 13 axentes forestais, 20 brigadas, 2 motobombas e 6 helicópteros.

Os dez incendios rexistráronse na súa totalidade na parroquia de Casio. As superficies afectadas tras o parametrizado indican que –en concreto- afectaron cada un 22,11ha;  21,26 ha; a 20,75 ha; 21,28 ha; 26, 72 ha; 23,37; 23,72; 21,07 ha; a 15,7 ha e 2 ha. Todas elas superficie rasa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te podría gustar...