Exposición do XXV Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2020 de Monforte

  • A Concelleira de Cultura inaugura a exposición do XXV Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2020 de Monforte
    • Marina Doutón inaugurou onte a mostra na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, composta polos 20 deseños que se presentaron a este concurso
  • O cartel gañador, que encabeza a mostra, levou por lema “Badú” e foi presentado por Javier Antonio Marina García, que é un deseñador asturiano. O concurso estivo dotado de 1.000 euros de premio
  • A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, para disfrute de visitantes e monfortinos

 

O Concello de Monforte, como ven sendo costume a mediados do mes de agosto, ven de abrir ó público, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, a exposición dos traballos presentados ó XXV Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2020.

A encargada de inaugurar onte a mostra foi a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, quen desvelou o nome do traballo gañador, “Badú”, que foi ideado polo deseñador asturiano Javier Antonio Marina García.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, para disfrute de visitantes e monfortinos.

A pesares de que finalmente non se puideron celebrar as Festas Patronais da cidade, por mor da pandemia da Covid-19, dende o Concello decidiuse fallar igualmente este concurso, que está dotado con 1.000 euros de premio.

 

En total, ó concurso presentáronse 20 traballos artísticos, a cargo de autores tanto de Galicia como doutras partes de España. O xurado que fallou o concurso, estivo constituído por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte, así como persoal funcionario do propio Concello, e presidido pola Concelleira de Cultura.

O cartel que o xurado considerou como gañador, en verbas da Concelleira de Cultura “foi escollido polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade. Do mesmo xeito, tamén tivemos en conta que o cartel recolle todos os elementos representativos de Monforte: San Vicente coa Torre da Homenaxe, os Escolapios, a Virxe de Montserrat e a ponte medieval”.

No cartel tampouco faltan elementos que simbolizan as festas como son a noria, o tiovivo ou o confeti, aspectos que tamén fixeron que o xurado se decantase finalmente por esta opción.

 

Mil euros para el ganador del Concurso de diseño de Carteles de las Fiestas Patronales de Monforte que llega a su edición XXV

 

También te podría gustar...