Este venres celebrarase a 8ª Carreira Popular Solidaria Do Turrón!!

8ª carreira solidaria

 

Lembramos que este vindeiro venres vais a celebrar a 8ª Carreira Popular Solidaria Do Turrón!! como xa indicamos a semana pasada dentro das actividades deportivas que ten prevista o concello do Barco para este Nadal 2015.

Lembremos a finalidade solidaria de recoller alimentos non perecedeiros.

Será unha carreira popular non competitiva, na que se porá a disposición dos participantes dous circuitos sinalizados:

  • Un para os máis pequenos da casa ou para aqueles cativos/as que teñan menos forzas!! (recomendable para menores de 6/7 anos)
  • Outro para os/as máis decididos/as seguindo o seguinte percorrido: saída na Praza Andrés de Prada- Pérez Lista dirección á rúa xeral ata Abdón Blanco-volta á fonte do final do Malecón, regreso ata o quiosco do Toño e meta en Andrés de Prada onde se deu a saída, e onde se fará a chocolatada e se sortearán todos os lotes de produtos navideños.

Como novidade, poderase dar 1, 2 ou 3 voltas según decidan os participantes.

Además esta carreira terá fines solidarios xa que haberá unha recollida de alimentos non perecederos que serán doados integramente ao BANCO DE ALIMENTOS. Poderán facerse as doazóns cando se vaia a recoller o dorsal, tanto no Departamento de Deportes como o día da carreira.

Máis información

Poderase participar camiñando ou correndo.

También te podría gustar...