Espectáculo de maxia a cargo do Mago Mauro na Casa da Cultura de Quiroga

10441233_915214648510974_269538107448558464_n

 

Como os comentábamos onte, lembramos mañá martes, día 30, ás 19:00 h. terá lugar un espectáculo de maxia a cargo do Mago Mauro.

Trátase dun espectáculo baseado na educación en valores e animación á lectura. A través de xogos de cartas, mentalismos e efectos de escenario,  farase un percorrido polo camiño de formación do  Mago Mauro. Un Mago torpón que con moito esforzo e empeño chegou a ser o Mago que hoxe está diante do público. O espectáculo remata cun escapismo de cadeas e sacos no que o Mago vence os seus medos e decide seguir adiante no seu camiño para chegar a ser un Gran Mago.

Esta actividade, dirixida ao público infantil e familiar, forma parte da programación que a Área de Cultura municipal está a desenvolver ao longo das Festas de Nadal.

O Concello de Quiroga conta cunha axuda da Área de Cultura da Deputación Provincial  para a organización deste evento que para o público será de balde.

También te podría gustar...