Eduardo Iglesias rumbo ao Dakar

  • O Alcalde despide a Eduardo Iglesias antes da súa saída para o rally Dakar
  • José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, recibiu diante da Casa do Concello ó piloto monfortino, ó que despediu antes da partida de este para terras de Arabia Saudita o vindeiro luns 28
  • O mandatario municipal desexoulle ó motorista monfortino, en nome de todos os veciños da cidade, a maior das sortes e todo o apoio e forza na súa participación neste mítico rally, “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 94 que conseguiu na pasada edición.”
  • Eduardo Iglesias será o único motorista galego e monfortino que participa, por segundo ano consecutivo, no que é rally máis famoso do mundo, e que nesta edición volverá a celebrarse en terras de Arabia Saudita do 3 ó 15 de xaneiro de 2021
  • O Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación

 

Na mañá de hoxe, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu ó piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, para despedilo días antes de que o piloto viaxe camiño de terras de Arabia Saudita para participar do 3 ó 15 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar.

En concreto, o piloto sairá o día 28 desde Madrid, e aínda que a proba comeza o 3 de xaneiro, un día antes realizase unha prólogo previa ás 15 etapa das que consta esta edición do Dakar.

Na recepción, o Alcalde e Iglesias estiveron acompañados pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e por un dos membros do equipo do piloto monfortino, Jesús Veloso Cachaldora.

É o segundo ano consecutivo en que o piloto monfortino participa no rally máis famoso do mundo, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 94 que conseguiu na pasada edición.”

Neste senso, cabe recordar que Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súa primeira participación no Dakar: non so conseguiu rematar o que é o rally máis duro do mundo, que se celebrou en terras de Arabia Saudita, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, no meritorio posto 94 salientado polo Alcalde.

“Este ano non lle imos pedir menos porque estou seguro de que Eduardo e o seu equipo volverán a dalo todo, co obxectivo de rubricar novamente unha exitosa participación nesta edición do Dakar”, destacou o rexedor municipal. Ademais, o Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación.

Ademais, Tomé Roca que tanto o Concello como a Deputación de Lugo apoian  economicamente a este piloto, contribuíndo a sufragar os gastos desta importante competición.

O Alcalde concluíu a súa intervención manifestoulle o seu orgullo, e o de todos os monfortinos, por representar de novo a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo desta índole, e desexoulle o maior dos éxitos nesta segunda participación no Dakar.

Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos na súa primeira participación.

También te podría gustar...