Proxecto senlleiro “Rehabilitación do Muíño dos Fernández” en Bóveda

  • O Concello de Bóveda rehabilitará o Muíño dos Fernández coa axuda de Agader
  • A Xunta considera que se trata dun proxecto senlleiro de rehabilitación orientado á mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural galego

 

O Concello de Bóveda asinou un convenio de colaboración coa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para o proxecto senlleiro “Rehabilitación do Muíño dos Fernández”, orientado á mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural galego.

Con cargo a este convenio Agader comprométese a aboar ao Concello de Bóveda a cantidade de 40.000 euros para o proxecto Rehabilitación do Muíño dos Fernández, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, no marco das «Actuacións senlleiras de mellora do patrimonio rural».

O período de vixencia do convenio é desde a súa sinatura, os pasados días, e ata o 31 de decembro de 2021. O prazo máximo para presentar a documentación xustificativa da actividade será o 30 de agosto de 2021.

 

Proxecto senlleiro

O muíño dos Fernández, situado no Concello de Bóveda e vinculado ao núcleo do Souto que da orixe a esta vila, se ben encadra na definición de muíño de río, conta cunha serie de peculiaridades e feitos diferenciais que fan da súa recuperación e posta en valor un proxecto senlleiro con identidade propia.

A súa importancia etnográfica, cultural e patrimonial como elemento identificativo da cultura rural de Galicia, xustifica, tal e como precisan deste Agader, o seu interese público e social.

 

 Conxunto etnográfico do souto

Xunto con este proxecto, o Goberno local ten en marcha a rehabilitación do conxunto etnográfico do souto, en concreto a recuperación da ponte sobre o río Mao e o Camiño do Souto.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explica que este intervención integral na zona

pretende poñer en valor todos estes elementos e recuperar esta contorna privilexiada para o uso público.

 

También te podría gustar...