Descende a criminalidade en Galicia

Delegación del Gobierno en A Coruñacriminalidade en Galicia descendeu un 5,1% no primeiro semestre de 2014 con respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose así como a terceira comunidade autónoma con menor taxa de criminalidade, con 28,6 infraccións penais por cada mil habitantes.

Así destacouno, en rolda de prensa, o delegado do Goberno, Samuel Juárez, que este mércores presentou o Balance de Criminalidade que acaba de publicar o Ministerio do Interior analizado por comunidades autónomas e provincias e con datos referidos ás capitais de provincia e cidades de máis de 50.000 habitantes.

«Galicia é a terceira comunidade coa taxa máis baixa de criminalidade, despois de Extremadura e Asturias,», destacou Juárez que, baseándose nos datos presentados, indicou que na comunidade galega se coñeceron un total de 38.007 delitos e faltas, fronte aos 40.042 do mesmo período de 2013.

También te podría gustar...