montana de basura en Lugo

Os inspectores do servizo de Control de Riscos Ambientais da Xunta de Galicia decretaron a alerta sanitaria en 52 puntos da cidade e mantiveron a situación de alarma noutro que xa revisaran onte pola acumulación de lixo.

O xefe dese servizo, José Luis Fugarolas, confirmou que os veterinarios e farmacéuticos que traballan no Control de Riscos Ambientais decretaron de novo alertas sanitarias nalgunhas rúas enteiras do núcleo urbano da cidade.

O Defensor do Paciente pide a intervención de Fiscalía no conflito do lixo en Lugo. E é que a ‘Asociación El Defensor del Paciente’ solicitou a intervención do fiscal xefe de Lugo, Juan José Begué, no conflito da folga do lixo na capital lucense por converterse nun “perigo para a saúde pública”.