Vista ás obras do AVE na GudiñaNo Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 19 de xaneiro, a celebración do Foro “Ourense nova velocidade”, organizado polo xornal La Región, no que se analizará o papel do AVE como transformador e dinamizador de territorios, e a importancia que a alta velocidade ten para a provincia de Ourense.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, participará ás 13.00 horas no xantar-coloquio do foro e será presentada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.