• O Concello de Folgoso do Courel programa diferentes actividades de verán para a semana do 17 ao 23 de agosto
  • Desenvolverá varias accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero destinadas á poboación infantil e adolescente
  • Tamén haberá dúas actividades para todos os públicos enmarcadas na programación de CulturaActiva

 

O Concello de Folgoso do Courel programa diferentes actividades de verán para a semana do 17 ao 23 de agosto.

Varias destas accións están enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e outras, en concreto a gala de circo e o espectáculo de Seoane, forman parte da programación de CulturaActiva.

Os destinatarios desta programación serán todos aqueles nenos e nenas, que interesados/as en participar, formalicen a súa inscrición chamando ao 982 43 30 01 antes do día 15 para as actividades que se realizarán o día 18, e antes do día 21 para a actividade que se realizará o sábado 22. O resto de actividades están abertas a todo o público.

Concienciar e sensibilizar

Desde o Goberno local precisan que a violencia de xénero supón un problema social de primeira orde, polo que é fundamental concienciar e sensibilizar respecto a violencia de xénero en todas as súas expresións.

Así, a través da realización destas actividades socio educativas de prevención da violencia de xénero o Concello de Folgoso do Courel quere participar de maneira directa na loita contra esta lacra.

As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Calendario

Martes 18 de agosto – Impartidas pola educadora social Selene Arias Sáez

11:00 – 13:00 Teatro con sombras: Tolerancia a contraluz

18:00 – 20:00 Busca do tesouro. O misterio da igualdade perdida

No Salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.

Poboación infantil e adolescente.

 

Mércores 19 de agosto – Combinado de circo galego

Actuarán Desastronauts (espectáculo de clow e acrobacias aéreas), o Mago Teto (espectáculo de maxia) e Javi Javichy (espectáculo de malabares).

19:00 horas na Praza do Concello.

Toda a poboación.

 

Venres 21 de agosto – Espectáculo de Brassica Rapa con pasarrúas.

19:00 horas En Seoane do Courel

Toda a poboación.

 

Sábado 22 de agosto – Caxoto contacontos

19:00 horas. ‘Coas mans na masa – Contos de igualdade’

No Salón de actos do Concello de Folgoso do Courel

Poboación infantil e adolescente.

 

22:00 horas. Cine na rúa. Proxección da película ‘O que arde’.

Na Praza do Concello

Toda a poboación.