O Concello de Bóveda ofrece un campamento de conciliación para o Nadal
O Concello de Bóveda da a coñecer parte das súas propostas para este Nadal, entre as que se atopa un campamento de conciliación e a visita dos Reis Magos o día 5 de xaneiro.
En concreto, o campamento infantil de conciliación, que xa ten o prazo de inscrición aberto, desenvolverase entre os días 23 de decembro e 4 de xaneiro en horario de 09:30 a 13:30 horas.
A visita dos Reis Magos será no Centro Sociocultural de Bóveda o día 5 de xaneiro a partir das 17:00 horas.
Outras actividades
A maiores, o Centro Sociocultural de Bóveda acolle este venres ás 11:30 horas o acto de presentación e entrega de ‘Libros de Vida’, escritos polos usuarios e usuarias da residencia Domus Vi da localidade.
Hoxe sábado día 17 ás 18:00 horas Xosé M. Casar presenta no Centro Sociocultural de Bóveda o seu libro de poesía ‘Pretiño do Mao’ e ás 19:00 horas Falcatrueiros Teatro pon en escena a comedia para todos os públicos ‘O clowncertazo’.
Descubre más artículos interesantes de entre 2014-2024 de CTP en nuestro Archivo Histórico donde hemos seleccionado varios de otro enfoque para que puedan seguir siendo accesibles a pesar de estar desde 2025 enfocados en el Mundo Rural.









