Segunda fin de semana do Mercado de Nadal de Monforte

  • O Mercado de Nadal de Monforte, abre de novo esta fin de semana con novos expositores e actividades para toda a familia
  • Como actividades destacadas arredor do Mercado, o sábado 17 ás 20:30 horas actuará na rúa do Cardenal o grupo monfortino Malenne. O programa tamén inclúe, na propia Praza de Abastos, as actuacións da Asociación Cultural Amigos da Pandereita, o sábado as 7, do cantautor Emilio Rúa, o domingo ás 12
  • O contacontos de Nadal a cargo de César No, o sábado ás 12, e as demostracións de Olería de Gundivós de Elías González, completarán a oferta desta fin de semana
  • O Mercado de Nadal abre de novo as súas portas na Praza de Abastos monfortina este sábado 17 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. O domingo día 18 abrirá de 11:00 a 14:00 horas
  • A praza de Abastos acollerá participación de 12 postos venda cunha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade
  • A actividade encádrase no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia

Emilio Rúa

 

O Concello de Monforte volverá abrirá as portas, este sábado 17 de decembro, do Mercado de Nadal- Circuítos de Artesanía e Música Galega, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía, con produtos para agasallos.

Programación destacada  para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal conta con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos e na rúa do Cardenal.

O sábado 17 ás 12 da mañá, celebrarase o Contacontos de Nadal a cargo de César No. Pola tarde, ás 6, terá lugar unha demostración Olería de Gundivós a cargo de Elías González. E ás 19 h., unha actuación de Nadal  a cargo da  Asociación Cultural Amigos da Pandereita.

Como evento destacado do sábado, a xornada pechará coa actuación musical, as 8 e media da tarde, do grupo monfortino Malenne, nun escenario ubicado na rúa do Cardenal. Este escenario, ideado especialmente polo Concello para esta ocasión, destaca pola súa beleza e polo seu fondo audiovisual onde destacan os motivos navideños.

O domingo 18 de decembro ás 12 horas, a Praza acollerá a actuación de Cantos de Nadal do  cantautor Emilio Rúa. E ás 12:30 h. terá lugar unha nova demostración Olería de Gundivós a cargo de Elías González.

Malenne

Segunda fin de semana do Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, volverá a abrir as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá sábado 10 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. O domingo día 11 abrirá de 11:00 a 14:00 horas.  

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 12 expositores.

Para facer máis atractivo este Mercado de Nadal, o Equipo de Goberno do Concello coidou especialmente a ambientación da Praza, decorándoa con motivos navideños, e co obxectivo de estimular a que a xente merque en Monforte e quede na cidade do Cabe para facer as súas compras de Nadal.

Estas actividades encádranse no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

También te podría gustar...