xunta de galiciaUn grupo de catro xornalistas irlandeses comezaron hoxe unha viaxe por Galicia na que poderán coñecer o Camiño do Norte entre Ribadeo e Santiago de Compostela. Esta viaxe está organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Dublín, e estenderase ata o día 22 de setembro.

Os xornalistas irlandeses que percorrerán estes días o Camiño Norte son Eva Hogan, do xornal The Irish Daily Star, Brendan Harding, do xornal Carlow Nationalist, Jim Gallagher, do xornal Sunday World, e Ciaran Tierney, do xornal Connacht Tribune.

Ao longo dos catro días de estadía en Galicia, os xornalistas irlandeses poderán coñecer os puntos máis importantes da Ruta Xacobea do Norte así como outros lugares de interese turístico da Comunidade galega como a praia das Catedrais.

Programa

O domingo 21, o grupo de xornalistas chegará a Ribadeo, procedente de Cantabria. O día 21 trasladaranse de Ribadeo a Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, e logo ata Vilalba.

Xa pola tarde, percorrerán a pé un tramo do Camiño do Norte próximo á ponte de Santo Alberte para logo trasladarse a Friol onde farán noite.

O luns 22 de setembro, os xornalistas percorrerán o tramo do Camiño do Norte entre Friol e Sobrado dos Monxes, con visita ao mosteiro de Sobrado.

Logo trasladaranse ata Melide para coñecer o Camiño Francés e farán un tramo de seis quilómetros do mesmo entre esta vila e Boente.

Por último, este mesmo día os visitantes irlandeses desprazaranse a Santiago de Compostela, cidade á que lle adicarán a tarde do luns.

O martes 23 de setembro, os xornalistas regresarán a Irlanda.