Visita aos participantes do programa “Esquiou 2015”

Oca ManzanedaO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita hoxe martes, 10 de febreiro, na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, aos nenos que están a participar no programa de actividades de inverno “Esquiou 2015”, que ten como obxectivo achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense. Manuel Baltar estará acompañado na súa visita polo director de OCA-Manzaneda, Gustavo San Martín (punto de encontro: edificio Autoservizo da estación de montaña).