• Deputación de Ourense e Ecovidro promoveron a reciclaxe no entroido cun concurso fotográfico
Entrega premios

Entrega premios

 

A Deputación de Ourense e Ecovidro, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión de residuos de envases de vidro, entregaron hoxe no Pazo Provincial os premios do concurso fotográfico organizado na campaña de reciclaxe do pasado Entroido Ourensán 2016 en Xinzo de Limia e Viana do Bolo. O acto contou coa presenza dos deputados provinciais Pablo Pérez e Montserrat Lama; do xerente de Ecovidrio Galicia, Germán Fernández, e dos premiados. A campaña tivo como obxectivo promover a reciclaxe de envases de vidro durante o entroido e premiar a tres participantes entre os asistentes que máis éxito acadaron coas súas fotografías subidas á Facebook. O premiados foron: Roi González Salgado, Erea Seoane Villasanta e Juan Luis Rodríguez Pérez. A campaña levou ata Xinzo e Viana unha carpa, que serviu de punto de encontro para os participantes e tamén para concienciar aos veciños da importancia da reciclaxe do vidro.

Para a o concurso fotográfico instalouse un panel decorado con contedores de vidro debuxados e vestidos cos traxes oficiais do Entroido de Viana do Bolo e de Xinzo de Limia, para que os participantes puidesen posar cos seus disfraces e facerse unha foto que se subiu na conta de Ecovidrio en Facebook. As tres fotografías que máis número de “me gusta” acadaron, son as que resultaron premiadas. Na actividade, aberta a público de todas as idades, participaron unhas 500 persoas.

Deste xeito, Deputación de Ourense e Ecovidrio seguen a concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a importancia de reciclar e separar correctamente os envases de vidro en orixe, non só dun xeito individual nos nosos fogares, senón en momentos colectivos de lecer como son as festas de entroido, neste caso.

 

Participantes

Participantes