• A Consellería de Cultura e Educación e a Fundación Carlos Casares renovarán a súa colaboración para a difusión da obra do autor ourensán
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse onte con representantes da Fundación Carlos Casares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse onte con representantes da Fundación Carlos Casares

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse onte con representantes da Fundación Carlos Casares, un encontro no que se acordou renovar o convenio entre ambas as dúas entidades. Ao abeiro desta colaboración desenvolverase o Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, así como actividades de preparación do arquivo videográfico do Galeguismo Histórico e continuarase coa tradución da obra de Carlos Casares.

No encontro participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; os fillos do autor, Javier e Hakan Casares, e o secretario da fundación, Gustavo Adolfo Garrido.