Valdeorras Infinda

 

Acabamos de xuntarnos un grupo de persoas que vivimos na Coruña e que por distintos motivos estamos vinculadas coa comarca ourensá de Valdeorras. Puxémonos o nome de «Valdeorras Infinda», inspirándonos nun libro dun poeta da comarca ao que se lle dedican as Letras Galegas de 2022, Florencio Delgado Gurriarán. O noso obexectivo é dar a coñecer distintos aspectos de Valdeorras na Coruña: Historia, cultura, etc. 

Presentación de Valdeorras Infinda. Á esquerda, Emilio Vega Rodríguez e á dereita Manuel Agra Villar

 

Xa tiveron as charlas de Carlos Tejerizo García e Félix García Yáñez.

Charla do historiador valdeorrés Félix García Yáñez (imaxes) presentado por Manuel Monge. A charla titulábase «República, Guerra Civil e represión en Valdeorras». Foi coorganizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Tivo lugar, coma todas, no local da AC Alexandre Bóveda, na Coruña.

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
VALDEORRAS INFINDA MANIFESTO

Valdeorras Infinda somos un grupo de persoas con vínculos na comarca de Valdeorras e que -como moitos e moitas- vivimos en varios sitios ao mesmo tempo. Coincide en que a cidade da Coruña é un deses lugares e por iso decidimos organizar aquí actividades para dar a coñecer a nosa comarca.

O obxectivo do grupo é, pois, organizar actividades sobre a historia -e a Memoria Histórica-, a cultura, sociedade e demais aspectos relacionados coa comarca de Valdeorras. O noso nome está inspirado no título dun libro -Galicia infinda- do noso paisano Florencio Delgado Gurriarán, a quen no ano 2022 se lle dedicarán as Letras Galegas. Polo tanto, nós tamén temos como obxectivo espallar o coñecemento da súa obra, da súa vida, incluído o seu exilio en México.

Valdeorras Infinda é un grupo de traballo comunitario, aberto e democrático no seu funcionamiento. Estamos, pois, abertos a calquera tipo de colaboración no funcionamiento do grupo, á participación nas súas actividades e a calquera tipo de relación de quen queira.

A través dos medios de comunicación, nas redes sociais (Facebook…) iremos publicitando as actividades e eventos que programemos. Nos próximos días enunciaremos as actividades do ano 2021 -coorganizadas coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña-.

Para o próximo ano 2022 estamos organizando actividades máis centradas no Día das Letras Galegas e Florencio Delgado Gurriarán.

Facemos, pois, un chamamento aos valdeorreses e valdeorresas da Coruña e a a todo o mundo que queira participar nas nosas actividades. Móvenos Valdeorras.

 

También te podría gustar...