• As obras consistirán na prolongación dunha vía ata o límite do parque empresarial, resultando 11 parcelas para o asentamento de empresas
  • A Xunta licitou en agosto as correspondentes actuacións e o prazo para a presentación de ofertas rematou o pasado 9 de setembro, téndose presentado 36 ofertas
  • As actuacións licitáronse por un importe de 356.000 euros

 

Parque empresarial Quiroga

Parque empresarial Quiroga

 

Urbanizarase o polígono D do parque empresarial dado que no mesmo existe demanda de solo e as parcelas urbanizadas están esgotadas.

As obras consistirán fundamentalmente na prolongación dun vial xa existente ata o límite do parque empresarial, resultando 11 parcelas destinadas ao asentamento de empresas. A ampliación contará cunha superficie de 15.736 metros cadrados.