Turismo de Galicia expón na cidade alemana de Erfrut a particular visión do Camiño de Santiago de catorce destacados fotógrafos

Fotografía de Xulio Villarino

Fotografía de Xulio Villarino

Turismo de Galicia expón na cidade alemana de Erfrut a particular visión do Camiño de Santiago de catorce destacados fotógrafos.

A mostra será inaugurada hoxe venres 16 de xaneiro, na sala municipal de exposicións ‘HausDacheroeden’.

A exposición inclúe fotografías dos acreditados fotógrafos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino, Tino Viz, Cristina de Middle, Hana Jakrlova, Rita Newman, Chris Erlbeck, Tine Harden, Katja Lösönen, Eva Persson e Signe Raikstina

Despois de visitar varias cidades europeas, e dita exposición alcanza Erfurt coa intención de mostrar a riqueza que xera o fenómeno xacobeo en Galicia.

No 2014 percorreron o Camiño de Santiago un total de 16.347 peregrinos procedentes de Alemaña, o que supuxo un 6,87% do total de peregrinos que chegaron a Compostela.

También te podría gustar...