Terras Gauda procura o primeiro aceite de sementes de uva autóctona

Terras GaudaTerras Gauda desenvolve unha nova liña de investigación para «valorar» o bagazo e obter o primeiro aceite de sementes de uva con variedades autóctonas albariño, caíño branco e loureiro, despois da constatación dos seus compoñentes biosaudables.

A firma vitivinícola informou nun comunicado de que a investigación se leva cabo dentro do proxecto Galiat 6+7, impulsado por empresas e os grupos científicos Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Investigacións de Ciencias Mariñas, CHUS, Aula de Produtos Lácteos (USC), Facultade de Medicina (USC) e Química Analítica e Alimentaria, da Universidade de Vigo.

Despois da recolleita da produción, o grupo de viticultura da Misión Biolóxica estudará as propiedades das nove toneladas de bagazo obtidas e posteriormente elaboraranse aceites de semente de vide con cada unha das variedades autóctonas, cuxa calidade e beneficios para a saúde serán avaliadas polos científicos. EFE.

También te podría gustar...