Pancarta HospitalTAC do Hospital Comarcal: O Goberno galego destina 88 millóns de euros para dotar da mellor tecnoloxía aos hospitais galegos.

Feijóo precisa que nesta licitación están incluídos todos os hospitais do Sergas, facendo fincapé no novo Hospital de Vigo; na ampliación da carteira de servizos do Hospital Lucus Augusti de Lugo, coa dotación este ano do equipamento preciso para radioterapia e medicina nuclear; e na dotación do TAC de última xeración para o Hospital do Barco de Valdeorras.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello o desbloqueo de máis de 88 millóns de euros para dotar da mellor tecnoloxía aos hospitais galegos os vindeiros oito anos.

Precisou que nesta dotación están incluídos todos os hospitais do Sergas, facendo fincapé no novo Hospital de Vigo; na ampliación da carteira de servizos do Hospital Lucus Augusti de Lugo, coa dotación este ano do equipamento preciso para radioterapia e medicina nuclear; e na dotación do TAC de última xeración para o Hospital do Barco de Valdeorras. “As grandes infraestruturas pactadas nos hospitais da Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense tamén están incluídas, así como as especificidades pactadas nos hospitais comarcais”, engadiu.