Soledad Penalta, a «gran dama» da escultura galega, trae a súa obra a Ourense

1 1 1 1 2015 - Soledad escult

 

Soledad Penalta é, hoxe en día, a «gran dama» da escultura galega contemporánea pero Ourense aínda non acollera unha exposición monográfica sobre o seu traballo. Será a partires desta tarde cando se abra ao público no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense a exposición «Esculturas do día a día» cando se fará realidade este anceio.

Soledad é unha escultora de raza, que dende o ano 1972 traballa neste oficio onde a traxectoria vaise conformando día a día, como suxire o título da súa exposición, que nos amosa o seu traballo máis recente, elaborado con ferro, aceiro inoxidable e aceiro corten.

As súas obras teñen en común unha linguaxe persoal deixando un amplo marxe de interpretación para que o espectador complete o sentido de cada peza, onde as palabras e a súa propia caligrafía aparecen de maneira insistente invitando sempre á busqueda dun equilibrio armónico e con notables connotacións poéticas.

Son da súa autoría numerosos monumentos públicos de gran formato, traballo no que se atopa especialmente cómoda. Tamén esta presente a súa obra en numerosas colección públicas e privadas. Con premios de ámbito nacional e internacional, a súa escultura ten percorrido bienais como as de Florencia ou cidades como París, Sao Paulo, Tokio, Minnesota ou Tel Aviv, entre outras. Recentemente, ven de ser galardonada co Premio Barbantia da Cultura 2015 polo seu labor artístico.

A exposición ábriu ao público eonte a tarde, ás 20.15 horas. Poderá visitarse ata o 7 de xuño.