SilFest Valdeorras Lite

  • A música en directo volve ao río Sil o vindeiro 28 de agosto

 

Presentamos o SilFest Valdeorras Lite, o irmán pequeno do festival multicultural SilFest Valdeorras.

Este evento musical, único e adaptado á situación actual, devolverá a música en directo á praia fluvial do río Sil, ao seu paso polo Barco e en pleno Camiño de Inverno.

O SilFest Valdeorras Lite é un concerto de catro horas de duración que reunirá a tres bandas de primeiro nivel no panorama indie nacional. La La Love You, Nunatak e Apartamentos Acapulco subiranse ao escenario o sábado 28 de agosto de 2021 a partir das 19:00 horas.

Como é habitual, a Asociación Cultural SilFest mantén o seu compromiso co viño de Valdeorras que estará presente no noso evento. O público poderá gozar da mellor música degustando un viño da Denominación de Orixe Valdeorras.

Apostamos pola cultura segura, por iso o SilFest Valdeorras Lite cumprirá con todas as medidas de seguridade vixentes.

Cun aforo moi limitado, os asistentes deberán acceder ao recinto e sentar de forma individual, ou ben en grupos de dous, catro ou seis persoas. O público deberá permanecer sentado no seu asento asignado, e coa máscara obrigatoria, durante todo o evento. Unicamente poderán levantarse para ir á barra e ao aseo, pero só poderase consumir no propio asento.

Contaremos con persoal de seguridade que axudará a cumprir as normas de prevención, e equipo de limpeza que manterá desinfectadas as zonas comúns.

O SilFest Valdeorras Lite conta co apoio do Concello do Barco, a Consellería de Turismo a través do Xacobeo 21-22, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Mahou e Gadis.

Como compro a miña entrada?

As entradas custarán 15,00 euros (máis gastos de xestión) e estarán dispoñibles o mércores 11 de agosto a partir das 10:00 horas na propia web do festival www.silfestvaldeorras.com.

 

 

También te podría gustar...