Semente Ribeira Sacra: premiados no VII Concurso de Proxectos Empresariais

 

O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, decidiu outorgar os seguintes premios:

  • 1º: Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos. 12.000€
  • 2º: Circular Forest // Produción de cogomelos en biomasa forestal. Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos. Transfromación de cogomelos de alto valor comercial. 8.000€
  • 3º: Castro Art Village // Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proxecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural. 5.000€

Desde a Asociación Semente Monforte e todos as empresas e institucións colaboradoras nesta VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan aos gañadores, e a todos os participantes en xeral, pola altísima calidade dos proxectos presentados e o talento como emprendedores.

 

Na presentación dos proxectos estivo presente o Conselleiro de Economía e Industria, Fracisco Conde, que ao remate, lembraba as verbas da presidenta de Semente de Monforte, Sara Fernández; a quen agora releva no cargo; Pilar López. “O proxecto do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra é o recoñecemento a unha ilusión,” dicía Sara Fernández e hoxe, Francisco Conde animaba a seguir esa traxectoria, que asegurou continuaría apoiando pola importante labor que fai na dinamización da innovación no rural e polo traballo transversal e de unidade contando coa colaboración de empresas, Universidade e administracións.

As empresas que colaboran neste concurso son: Universal, R cable e telecomunicacións, Dimaga, Sicyme, ct.galega, Autocares Sánchez, Daveiga, Estrella Galicia, Gadis, Inveravante e Rectoral de Amandi.