image_gallery  

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou este mediodía no acto de entrega dos premios da I Carreira de Empresas organizada e promovida polo Círculo de Jóvenes Empresarios de Ourense.

Este evento deportivo percorreu diferentes rúas da cidade e pretendeu converter o deporte en nexo de unión entre os traballadores das empresas que participaron. Segundo os organizadores, a competición deportiva estimula o sentido de pertenza a un equipo e mellora o benestar dos empregados, potenciando a motivación e aumentando o atractivo da actividade laboral e a imaxe da empresa.