XT Mati

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu esta mañá á toma de posesión da nova xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Victoria Núñez.

O nomeamento de Victoria Núñez como nova xefa territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na provincia de Ourense, trala xubilación de José César Losada, acordouse a pasada semana por resolución da Dirección Xeral da Función Pública. Nada en Ourense, é licenciada en Dereito e  accedeu á Administración galega no ano 2001. Desde xaneiro de 2013 ata a actualidade exerceu como subdirectora de Réxime Xurídico e Recursos Humanos da Vicepresidencia.

Rogelio Martínez, logo da súa toma de posesión, despachou con Victoria Núñez os proxectos que o departamento autonómico dirixido por Ethel Vázquez está a desenvolver na provincia ourensá e analizaron as liñas estratéxicas de actuación. O delegado territorial solicitoulle á nova xefa territorial o máximo compromiso ao fronte desta responsabilidade