Escudo de QuirogaO vindeiro domingo, día 1 de marzo terá lugar no Auditorio Municipal de Quiroga, ás 19:00h. a representación teatral das pezas “O Centro Médico” e “O Fotógrafo”a cargo do Grupo Artístico “Augas do Sil” .

Esta agrupación de recente creación, está formada por un grupo de amigos afeccionados ao teatro que dirixidos por Eduard Valles desenvolven a súa labor en San Clodio, no veciño concello de Ribas do Sil.
A pesar da súa curta traxectoria este colectivo xa realizaron varias actuacións tanto en Ribas de Sil como polo resto da xeografía galega. En Quiroga, actuaron dentro da programación cultural do pasado ano satisfacendo as expectativas do numeroso público que asistiu ao espectáculo.

Esta actividade forma parte da programación cultural que o Concello de Quiroga oferta para este semestre do ano e conta coa colaboración da Deputación Provincial.