Reduciranse 14 camas no HCV nunha reordenación estival adaptada á ocupación

  • A reordenación temporal de camas prevista para este ano adáptase aos índices de ocupación estival
  • Este ano non se pechará ningunha habitación no Cristal nin no Materno o que permitirá reconverter habitacións triplas en dobres e nalgúns casos individuais
  • Para facer máis operativas as camas funcionantes focalizouse a redución destas no Sta. María Nai, axilizando así os ingresos urxentes, ao evitar traslados en ambulancia

SERGASA redución de camas en período estival é unha práctica habitual en tódolos hospitais da nosa contorna, pola necesidade de adaptar a capacidade de ingreso á diminución da ocupación, que decrece por diferentes causas, principalmente, por unha menor actividade cirúrxica, sendo sempre unha medida temporal modificable en calquera momento ante un aumento da demanda.

A programación prevista para este ano, como se lle comunicou aos representantes sindicais, adaptouse rigurosamente á porcentaxe de ocupación histórica estival dos centros. Así no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, á diferenza doutros anos, non se pechará ningunha habitación nos edificios Cristal e Materno, posibilitando que a redución de camas operativas revirta nunha maior comodidade para os pacientes, ao reconverter habitacións triplas en dobres e parte das dobres en individuais, como no caso de obstetricia.

Así mesmo, para facer máis operativas as camas funcionantes, no CHUO focalizouse a redución destas no Sta. María Nai -que non se debe confundir con Medicina Interna xa que este servizo ten camas en ambos centros-, centralizando, na medida do posible, a hospitalización nos edificios Cristal e Materno, axilizando así os ingresos urxentes, ao evitar traslados en ambulancia.

En total, no CHUO reduciranse 79 camas de adultos e 16 de lactantes (95) e, tendo tamén en conta súas porcentaxes de ocupación no verán, 20 no Hospital de Verín e 14 no de Valdeorras.

También te podría gustar...