A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro

 

Quiroga recibirá 92.615 € para ampliación, mellora e mantemento de camiños. É a partida que se lle concedeu dentro dos casi 7 millóns que se adxudicaron por este concepto ós 67 concellos de Lugo dentro do acordo firmado entre a conselleira do Medio Rural e do Mar e o presidente da Deputación de Lugo o que se traduce en el correspondente convenio para facer posibles estes investimentos.

E que a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinaron onte a mañá o convenio de colaboración para financiar as actuacións do Plan Marco programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2015.

A través deste convenio, os 67 concellos lugueses beneficiaranse dun investimento preto de 7 millóns de euros (en concreto, 6.863.389,36 euros) para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia. Destes fondos, un total de 3.237.210 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 3.626.179 euros restantes á anualidade de 2015.