Queres aprender baile e música tradicional na Rúa?

A Asociación Cultural Abertal convida á xente da Rúa e da contorna a coñecer as actividades formativas para o vindeiro curso.

 

Un ano máis a Asociación Cultural Abertal organiza unha xornada de portas abertas para rapaces e rapazas de 4 a 12 anos orientada a dar a coñecer os seus cursos de baile tradicional, pandeireta, tamboril e bombo que se imparten na escola.

Este venres 7 de outubro ás 18:00 horas a Casa da Cultura da Rúa será o lugar onde os profesores darán a coñecer e amosarán cada unha das disciplinas aos mozos e ás mozas para que coñezan de preto os instrumentos e o baile tradicionais. Neste encontro incluso poderán probar algunha das disciplinas se fose o caso.

Non é preciso apuntarse previamente.

También te podría gustar...