Proxecto de reparcelación da “Zona C” de Monforte

  • José Tomé Roca, deu a coñecer onte os principais datos do Proxecto de Reparcelación da “Zona C” que se corresponde cos terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, así como entre a rúa Ourense e o río Cabe
  • O custe total de todo proxecto é de 1.023.698,80 euros e “o Equipo de Goberno espera que todo o proceso sexa realizado entre os anos 2021 e 2022, para cumprir co obxectivo de que quede totalmente rematada esta urbanización durante o presente mandato”, salientou o Alcalde
  • A superficie resultante unha vez urbanizados estes terreos destinará 6.323 m2 para novasrúas, para espazos libres e axardinados, 8.982 m2 e para solares, 5.785 m2. O aproveitamento urbanístico destes 5.785 m2 urbanizables vai ser de 22.230 m2 edificables, dos cales 4.744 m2 serían baixos e 17.486 m2 serán para vivendas

 

O pasado 18 de novembro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer a decisión do Equipo de Goberno de levar a cabo a urbanización da chamada “ZONA C”, que se corresponde cos terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, así como a rúa Ourense e o río Cabe, moi próxima ó conxunto monumental dos Escolapios, e que está cuberta de maleza.

Este proxecto permitirá eliminar a balsa de maleza que existe dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, abrindo novos viais, creando novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal.

Na mañá de onte, o Alcalde informou en rolda de prensa das principais características deste proxecto, en concreto salientando que “xa lle foi entregado ó Concello o proxecto de Reparcelación da Zona C, definida nas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Monforte de Lemos aprobado no Pleno do Concello o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos.”

A aprobación inicial do citado proxecto de reparcelación levouse a cabo na Xunta de Goberno do Concello, celebrada en data 23 de novembro de 2020, sendo este o primeiro paso de varios que se teñen que ir producindo ata que sexa unha realidade a urbanización deste conxunto do territorio.

 

Trámites administrativos

O Alcalde foi detallando os pasos que se irán sucedendo para levar a cabo este importante proxecto. En concreto, o seguinte paso será a exposición pública durante un mes, que empezará a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan, ou ben a publicación no Boletín Oficial do Estado.

Deste xeito, o rexedor monfortino anunciou que “a notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, empezará a levarse a cabo o vindeiro mércores día 9, que será realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello domicilio a domicilio. Intentarase como mínimo dúas veces, tal e como establece a lei. E aquelas persoas que non sexan localizadas, serán notificadas a través dun anuncio no Boletín Oficial do Estado”.

Do mesmo xeito, se hai alegacións, serán resoltas antes da aprobación definitiva e tamén serán comunicadas ós alegantes.

O paso seguinte será a aprobación definitiva do proxecto, que deberá producirse dentro do prazo de 3 meses dende a aprobación inicial, tal como recollen os artigos 106.1 e 106.2 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Proxecto construtivo

Rematado estes trámites administrativos, procederase a elaborar o proxecto construtivo, saíndo a licitación o citado proxecto  e a posterior contratación á empresa adxudicataria para realizar as obras de urbanización propiamente ditas.

Neste aspecto, o Alcalde salientou que “o Equipo de Goberno espera que todo o proceso sexa realizado entre os anos 2021 e 2022, para cumprir co obxectivo de que quede totalmente rematada esta urbanización durante o presente mandato”.

Os datos principais datos que recolle o proxecto, e dos que o Alcalde deu conta, son os seguintes:

  • O número de parcelas afectadas por este proxecto de urbanización son 12 fincas.
  • A superficie total afectada por esta urbanización incluíndo a superficie das parcelas e o vial municipal supoñen 090 metros cadrados, algo máis de dúas hectáreas.
  • O número de propietarios destas 12 parcelas serían 73, sempre que sexan correctos os datos manexados polo Concello, e que poden variar en función das herdanzas.
  • O número de parcelas que van quedar despois da urbanización serían 18, das cales 15 son para urbanizar e 3 para zonas verdes.

A superficie resultante unha vez urbanizados estes terreos quedaría do seguinte xeito:

  • Para calles novas 323 metros cadrados.
  • Para espazos libres e axardinados, 982 m2.
  • E para solares, 785 m2.

O aproveitamento urbanístico destes 5.785 metros cadrados urbanizables vai ser de 22.230 m2 edificables, dos cales 4.744 m2 serían baixos e 17.486 m2 serán para vivendas.

O custe deste proxecto ascende a 1.023.698,80 euros, que se repartirían do seguinte xeito:

  • Proxecto de reparcelación: 11.495 euros.
  • Derrubos de edificios existentes: 81.746,46 euros.
  • Proxecto, dirección de obra e seguridade e saúde: 55.165,46 euros.
  • Urbanización: 875.291,88 euros.

“Estes son, groso modo, os datos deste proxecto de urbanización que vai ser pioneiro en Monforte e en moitos outros concellos de Galicia, e a través do cal queremos mellorar urbanisticamente unha zona sensible para a nosa cidade como é a contorna do río, a proximidade do conxunto monumental dos Escolapios e o Barrio de Cobas”, concluíu o Alcalde monfortino.