Nova xornada da ‘Biblioteca Accesible’

  • No Concello de Bóveda 

 

A pasada semana o Concello de Bóveda celebrou unha nova xornada da ‘Biblioteca Accesible‘, a visita semanal que os usuarios e usuarias da residencia fan á Biblioteca Pública Municipal na que, ademais de coller libros, realizan diferentes actividades.

Así, proxectáronse unha serie de audiovisuais e elaboraron un mural que entregaron á dirección do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda para que poida ser exposto no centro e o alumnado poida contruibuír engadido as súas pegadas.

 

Tamén se agradeceu á residencia para persoas con discapacidade funcional a súa participación no proxecto de integración na ‘Biblioteca Accesible’, recentemente recoñecido co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia.

As medidas anticovid obrigan a que só puidera participar un grupo reducido de usuarios e usuarias.