Programación para este Nadal en Monforte

  • A programación do Nadal 2020 do Concello de Monforte inclúe teatro, música e actividades para nenos

 

O Concello de Monforte da a coñecer a programación para este Nadal, que está condicionada pola incidencia da pandemia da Covid-19 e que impide a celebración de moitas das actividades que tradicionalmente se levaban a cabo por estas datas.

Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que

a actual crise sanitaria obrigounos a cancelar un sinfin de actividades ó longo de todo este ano, e neste senso, a programación de Nadal que ano a ano deseñaba o Concello, tamén se veu afectada.

“De entre as actividades que ideabamos para o período navideño”, continuou o Alcalde, “atopábanse accións encamiñadas á incentivar a compra no comercio local, como era o Mercado de Nadal, os contacontos, os obradoiros para nenos e adultos, o sclaextric, etc, actividades de ocio e promoción que, debido ás restricións e recomendacións das autoridades sanitarias por mor do Covid-19, este ano non se poden celebrar”.

Programación do Nadal 2020-2021

Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2020”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.

Este ano, terá lugar a montaxe na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro dun Belén Hebreo a cargo de J. Antonio Davila, que permanecerá exposto dende o 16 de decembro de 2020 ó 14 de xaneiro de 2021 e que será inaugurado o mércores 16 de decembro ás 19:00 horas.

Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores será a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.

Ademais, hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal en Monforte:

-Teatro para adultos, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, coa representación das seguintes obras:

  • Curva España, da Compañía Chévere, o xoves 10 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.
  • Poeta en Nova York, da Compañía Teatro Baixo da Auga, o xoves 17 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.

 -Teatro afeccionado, dentro do Programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, coa representación das seguintes obras:

  • As fillas de Eva, da Compañía Nova Escena Teatro, o domingo 13 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
  • Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro, o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

 -O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves, 24 de decembro.

-Espectáculo para público infantil e familiar, coa representación da obra Animais de compañía, da Compañía Teatro do Noroeste. Será ás 18 horas o luns 28 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

 -Espectáculo teatral para público familiar a cargo do actor Gabriel Prada, baixo o título de Quimera, o luns 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Lois Pereiro

Campaña virtual “Queres falar cos Reis Magos?”

Debido á crise da pandemia da Covid-19, o Concello puxo en marcha campaña virtual “Queres falar cos Reis Magos?”, dirixida a todos os nenos e nenas de Monforte e para facilitar que poidan falar cos Reis Magos este Nadal.

Para elo, todos aqueles nenos e nenas que queiran recibir a chamada en directo dos Reis Magos, deberán ser inscritos polos seus pais no portal www.nadal2020.es, ou no teléfono 641 585 245, entre o 25 de novembro e o 29 de decembro.

Todos os nenos e nenas inscritos recibirán individualmente a chamada dos Reis Magos, que se levará a cabo entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro, nun día e hora acordados en cada caso.

A plataforma Nadal 2020 está adaptada e coa posibilidade de que todas @s nen@s poidan comunicarse cos seus heroes do Nadal, incluso aqueles que teñan algunha dificultade sensorial.

Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo

Nas diferentes modalidades deste concurso, a decoración dos diferentes espazos deberá recrear o ambiente propio do Nadal, utilizando elementos tradicionais e propios destas festas, así como a iluminación e  a composición ornamental características do Nadal.

Neste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo hai 3 modalidades de participación:

  • Decoración do escaparate e do interior de establecementos comerciais, no que poderán participar todos os comercios e negocios ubicados no termo municipal de Monforte.
  • A segunda modalidade do concurso está dirixida á hostalería, e nela valorarase en conxunto a mellor entrada, interior e ventanais do establecemento participante. E tamén poderán participar todos os negocios hostaleiros do Concello.
  • A terceira modalidade está adicada ás vivendas. Neste caso hai 3 opcións:
    • A comunidade de veciños dun edificio, no que deberán decorar as entradas principais do seus edificios, e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Balcóns e ventás de edificios de Monforte, que deberán ser visibles tamén dende a vía pública.
    • Vivendas unifamiliares, no que poderán participar os residentes de calquera vivenda unifamiliar ubicada en Monforte, que decoren as súas vivendas e/ou xardíns de modo que esta decoración sexa totalmente visibles dende a vía pública.

Para participar nas diferentes modalidades descritas, os interesados poderán inscribirse ata o día 22 de decembro de 2020, utilizando o modelo normalizado, que poden presentar tanto no Rexistro do Concello como a través da Sede Electrónica, por vía telemática.

Ademais, no momento da inscrición deberán aportar 5 fotografías nas que se poida visualizar a decoración realizada, para a posterior valoración polo xurado.

Neste senso, a decoración deberá estar exposta como mínimo dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro de 2021.

Para as diferentes modalidade deste I Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo destinaranse 5.000 euros en premios e axudas.

En concreto, para as categorías de Comercio e Hostalería estableceranse 3 premios, para cada unha delas: un 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €.

No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios serán tamén dun 1º premio de 300 euros, un 2º de 200 € e un 3º de 100 €.

E no caso de balcóns e ventás, así como vivendas unifamiliares, en cada unha destas dúas modalidades establecemos un 1º premio de 200 €, un 2º de 100 € e un 3º de 50 euros.

Ademais, entre todos os participantes nas diferentes modalidades, excepto os xa gañadores, sortearanse un total de 25 lotes de bonos por un importe de 100 euros cada lote (cada lote inclúe 4 bonos de 25 €). Estes bonos poderán ser trocados nalgún dos establecementos da hostalería abertos ó público no Concello de Monforte.

 Estes bonos deberán consumirse como data límite o 31 de marzo de 2021, en calquera dos establecementos da hostalería do concello de Monforte de Lemos.

Tanto o fallo do xurado para elixir ós gañadores deste concurso, así coma o sorteo público dos 25 bonos de 100 euros terán lugar o día 30 de decembro.

Concurso de Bonos de axuda para o Nadal

Este concurso desenvolvese en colaboración coas dúas radios locais de Monforte, Radio Principal-Cadena Ser e Onda Cero, a través dun programa especial de pregunta-resposta, e que se celebrará de luns a venres entre os días 7 de decembro de 2020 e o 29 de xaneiro de 2021.

O concurso consiste en que os oíntes poden chamar a estas emisoras e as locutoras destas dúas radios lles formularán unha sinxela pregunta relacionada co comercio e a hostalería de Monforte. En caso de respostar correctamente á pregunta formulada, se lle entregará na Casa do Concello un bono de 25 euros para gastar na hostalería e nos comercios de todo tipo do municipio. Só se entregará un bono por persoa, unha vez que se acerte a pregunta formulada, polo que a mesma persoa non poderá participar dúas veces, é dicir, non poderá repetir.

Cada emisora destinará un programa especial adicado a este concurso, de luns a venres laborables e duns 15-20 minutos de duración, no que a estimación é repartir uns 15 premios diarios, ata un total de 1.000 bonos, o que supón 1.000 participantes como máximo, e que significarán un total de 25.000 euros para gastar no comercio e hostalería monfortinos.

En Radio Principal, o programa dará comezo ás 13:05 horas, e poderá chamarse ó 982 400 512. No caso de Onda Cero, as chamadas para participar neste concurso poderán facerse a partir das 13:10 horas, no 982 418 243.

Estes concursos tamén serán publicitados nos xornais con medias páxinas ou faldóns informativos, para difundilos e animar á xente a participar.

Os agraciados poderán recoller os bonos na Casa do Concello de Monforte ata o día 12 de febreiro, poñéndose a disposición cada mércores os bonos da semana anterior. E o prazo límite para gastalos no comercio e na hostalería será o 20 de febreiro.

Os establecementos terán de prazo para solicitar o pago ó Concello, ata o día 1 de marzo de 2021, por ser domingo o día 28 de febreiro.