Programación Día Das Letras Galegas en Viana

O 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2022 ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pola súa labor como poeta, tradutor, editor, … entre outras moitas

Dende o Concello de Viana do Bolo queren celebrar unha data tan importante para a nosa lingua e nosa literatura, organizando unha serie de actividades para toda a veciñanza

 

 

 

  • CONTACONTOS ILUSTRADO E MUSICALIZADO «Florencio Delgado Gurriarán: De Valdeorras a México». Esta actividade, dirixida a un público infantil e familiar, terá lugar o mércores 11 de maio en horario de tarde na Biblioteca Pública Municipal
  • OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS: Durante a tarde do sábado 14 de realizarase na Praza Maior de Viana do Bolo un obradoiro, dirixido a nenos e nenas, para a realización duns orixinais e creativos marcapáxinas de cartón e cartulina
  • OBRADOIRO “PEDRA, TRADICIÓN, A LINGUA NO PILÓN”: Actividade dirixida á cativada que consiste na decoración de pedras nas que, a través da  creatividade, os/as participantes expresarán a importancia da nosa lingua
    • As pedras decoradas o luns 16 de maio pola mañá durante un divertido obradoiro e serán exibidas na Praza Maior de Viana dende ese mesmo día e durante o Día das Letras Galegas
  • SESIÓN MUSICAL e LECTURA PÚBLICA DA OBRA DE GURRIARÁN: Anemización da mañá do 17 de maio na Praza Maior de Viana do Bolo con música
    a cargo dunha charanga local e lectura pública e voluntaria da obra de Gurriarán aberta ao público para todas idades

 

Ademais, durante as últimas semanas de abril e principios de maio, a Casa da Cultura acolle unha completa exposición en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán.

A exposición titulada “As Letras de Florencio” foi realizada polo alumnado dos centros educativos da comarca de Valdeorras. Unha viaxe pola vida e obra de Gurriarán a través dos debuxos da rapazada participante. A actividade realizouse coa colaboración do CEIP Bibei.

 

 

 

También te podría gustar...